
CONCLUSIÓNS DA ASEMBLEA LOCAL DE GALIZA NOVA BARCELONA PERANTE A ASEMBLEA NACIONAL DA ORGANIZACIÓN.
Galiza Nova Barcelona, como Asemblea Local da organización xuvenil do mesmo nome, pronúnciase perante o resultado da asemblea máis concurrida e importante ata o momento da xuventude nacionalista nos seguintes termos:
Primeiramente, felicitamos á nova Secretaria Xeral Iria Aboi, pola súa recente elección, así como a tódolos integrantes das dúas listas apresentadas que conseguir formar parte da nova Dirección Nacional.

Tamén queremos salientar a decidida disposición de Galiza Nova Barcelona a colaborar coa Dirección Nacional en calquera proxecto que sexa interesante de cara aos moz@s galeg@s tanto na Comarca da Emigración como na Galiza.
Ademáis, gustaríanos chamar á concordia dende a nosa condición de emigrantes, polo tanto equidistantes con respecto ás diferentes correntes manifestadas no seo de Galiza Nova nesta última Asemblea. Recordemos, entón, o fermo compromiso adquirido por todos e cada un dos nacionalistas dende o momento no que, decididamente, militamos activamente pra contribuír á construcción nacional da Galiza, e que non deixa de ser unha TAREFA COMÚN, complexa e enrevesada.
Sen máis, Galiza Nova Barcelona congratúlase de seguir loitando polos dereitos dos mozos e mozas da Galiza, en prol de acadar un futuro mellor pra todos eles e, sobre todo, pra que poidan vivir ese futuro na súa terra, sen necesidade de buscar noutros lares aquelo que na Galiza, por unha razón ou outra, non poden atopar.
Asemblea Local de Galiza Nova Barcelona