Galiza Nova dels Paisos Catalans



Tarefas feitas por Galiza Nova Barcelona

GALIZA NOVA BARCELONA NA CEA DO 25 ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN CULTURAL GALEGA “SAUDADE”


Galiza Nova Barcelona asistiu o 17 de Febreiro á cea organizada pola Agrupación Cultural Galega “Saudade”, co gallo da celebración do entroido e a conmemoración do 25 aniversario da fundación de dita entidade galega na diáspora. O acto contou coa asistencia dunha delegación nacionalista, así como doutras formacións políticas do ámbito galego e catalán como eran os candidatos á alcaldía de Barcelona de CiU e do PP.


Estes últimos non tiveron problema pra seguir a gala, presentada de forma bilingüe por un recoñecido periodista da TVG e unha periodista de Radio Teletaxi. Aínda así, cando se dispuñan a tocar o himno os gaiteiros alí presentes, a delegación de Galiza Nova sorprendeuse de que ben poucos dos grandes galegos emigrados alí presentes cantaron o que é un dos nosos símbolos, segundo o Estatuto vixente.

Dous militantes de Galiza Nova Barcelona con invitadas á cea conmemorativa do 25 Aniversario da Agrupación Cultural “Saudade”


Cecais ten que quedar clara a nosa posición perante este tipo de actos, que, en moitos casos, só sirven pra un gasto innecesario, olvidándose moitas veces do obxectivo real de moitas das organizacións que participan: fomenta-la conservación da cultura e o folklore galego nos galegos na diáspora.


O acto de clausura consistiu nun emotivo e significativo apoio dos novos gaiteiros e gaiteiras dos grupos folclóricos de “Saudade” que homenaxearon o Presidente da mesma. Aínda así, dende Galiza Nova Barcelona lamentamos profundamente que moitos destes mozos non saiban máis de Galiza que a empanada, o polbo, a gaita e o apelido que heredaron dos seus pais.






GALIZA NOVA BARCELONA NO MITIN DE GALEUSCAT


O 22 de Outubro de 2006, un grupo de militantes de Galiza Nova foi escoitar a Anxo Quintana ao Pavelló de la Vall d’Hebró (Barcelona), onde participaba nun mitin de Galeuscat. A intervención de Anxo Quintana, chea de guiños cara os nacionalistas cataláns, en plena campaña electoral polo asalto á Generalitat, tivo un momento estrela, que foi captado pola cámara de un dos militantes que asistiu ao acto.

 

Anxo Quintana con Silvio (militante de Galiza Nova Barcelona)

Estas palabras exemplifican o que foi un discurso moi moderado, que intentou fuxir da clasificación entre esquerdas e dereitas, basándose profundamente no nacionalismo como arma pra transformar o Estado Español.


Ademáis, á saída do mitin, Anxo Quintana compartiu unha charla informal cos asistentes ao acto.




Galiza Nova Barcelona no "Gran Encontro de galegos do mundo"


Os días 9,10 e 11 de Xunho de 2006 Galiza Nova Barcelona acudiu coma convidada em companha do BNG de Barcelona o “Gran Encontro de galegos do mundo” organizado por segundo ano consecutivo pola AEGACA (Asociación de empresarios galegos de Catalunya).
Durante os tres días que durou o evento Galiza Nova Barcelona estivo informando do noso programa ós mozos que o requeriron, vendendo material da organización e compartindo espazo con distintas xentes vidas de toda Catalunya, asemade GZN Bcn reunise con Anxo Quintana para expresar as nosas opinións e informar das próximas campanhas que imos desenrrolar na capital dos Països Catalás.




Caibe explicar tamén a posición de GZN Bcn con respecto o “Gran Encontro de galegos do mundo”, tras varias analises podemos englobar en tres puntos xerais a nosa consideración sobre o susodito acto, primeiro afirmamo-la pouca representación da colectividade galega, tanto a nivel artístico (lembremos que a actuación máis importante e custosa foi a de Gisela) coma cultural (eterniza uns estereotipos racistas pois se deu a imaxe de que Galiza e o polbo e a empanada unicamente, sen achegarse sequera a realidade do pais), segundo erguemo-la nosa sospeita sobre a utilización dos cartos públicos num suposto acto cultural cando foi umha xuntanza casi exclusivamente empresarial o que ali se viu, e terceiro, consideramos umha falta de respecto a arbitraria, inhorante e humillante utilización da nosa lingua no acto, sen que faga falha ponher máis exemplos que os cartazes publicitarios ou a páxina web do evento.
Asemade de todos istes razonamentos, GZN Bcn considera positivo e necesario
a nosa presenza, no tocante a que estamos logrando inserirnos e acceder a umha parte sectorialmente importante do montante galego neste país de acolhida, após o remate do acto e co transcurso do tempo queremos abrir umha porta para que GZN Bcn participe activamente na organización do seguinte “Gran encontro”, co que se garantiría coma mínimo certa imparcialidade no comité organizador e um futuro máis alentador para aqueles que acoden a este tipo de actos coa esperanza de achegarse um pouquinho máis á terra e atópanse umha tapadeira para que algúns se leven os cartos a cosa da boa intención doutros tantos.